Saturday 18 de May de 2024

Os Reis entran na comarca por Moeche


Moeche viviu hoxe unha tarde máxica coa visita anticipada dos Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar pasaron pola nave do Mercado de San Ramón para botar un anaco coas ducias de nenas e nenos que, ademais, tamén desfrutaron de inchables, xogos, música e chocolate con churros preparado pola ANPA do CEIP San Ramón.